Dado que se trata dunha materia anual o curso e o contido da materia queda estruturado en dous bloques de coñecemento. No primeiro bloque impártense os temas 1, 8 ,9 ,10 ,11 ,12 e 13, e no segundo os restantes. O alumno debe aprobar cada bloque da materia. Non se fan medias nin unha parte compensa á outra. En xaneiro realízase unha proba de avaliación do primeiro bloque (que se pode considerar extraordinaria); esta proba permite liberar esta parte da materia. Nas convocatorias, ou oportunidades, ordinarias realízase unha avaliación independente de cada unha das partes. Aos alumnos gárdaselles" a parte aprobada ata o final do ano académico.
Os alumnos a tempo parcial serán avaliados coa metodoloxía anteriormente descrita.
Estes dous puntos obteranse a partir da suma dos obtidos en actividades que serán propostas polos profesores, tales como:
- Prácticas de resolución de problemas.
- Exposicións orais en clase dalgún tema específico.
- Visita a instalacións ou infraestruturas vinculadas á enxeñería ambiental.
- Asistencia ás clases expositivas (valorarase a partir dun mínimo de asistencia dun 75%).
O valor en puntos de cada actividade será fixado a criterio dos profesores en función da evolución do curso.