Cualificación de Non presentado: Otorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Plataforma virtual: Para seguir a materia será preciso utilizar a plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es. Para isto a cada estudante facilitaráselle un nome de usuario e un contrasinal persoal ao inicio do curso. A información precisa para acceder á plataforma virtual con estas credenciais está en: http://moebius.udc.es. Na devandita plataforma virtual estarán dispoñíbeis todos os materiais da materia: resumos dos temas, diapositivas das presentacións, exercicios, cualificacións das probas de avaliación,etc. Ademais, o estudantado deberá empregar esta plataforma para descargar os boletíns de exercicios persoais que deberán resolver e entregar antes das datas previstas.
Para a segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que en primeira.
Convocatoria de decembro: Para a convocatoria adiantada de decembro se asignará o 40% a avaliación continua durante o curso 2017-2018 e un 60% ao exame.
Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.