Proba de resposta múltiple |
B2 B3 C6 |
Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo para
poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 50%.
|
60 |
Cualificación de non
presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da puntuación obtida.
Na convocatoria adiantada e para a segunda oportunidade seguirase o mesmo criterio do 60% para as probas de resposta múltiple e 40% para o estudo de casos. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de asistencia, tanto na primeira coma na segunda oportunidade, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase, ao comenzo do curso, un calendario especifico de datas, compatible coa súa dedicación.
|