Obradoiro |
Aplicación de aprendizaxes mediante exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas guiadas, etc. sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Sesión maxistral |
Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Proba mixta |
O exame realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos. |