O alumnado será
avaliado a través dun traballo tutelado que poderá ser realizado grupalmente e,
excepcionalmente e por causas xustificadas, de forma individual. Para que o
alumnado sexa avaliado polo traballo tutelado e a exposición oral deberá
asistir polo menos ao 80% das sesións presenciais. Se o estudante non alcanza
este nivel de asistencia, será avaliado polo traballo tutelado e por unha proba
individual. Neste caso, os dous ítems de avaliación (traballo e proba
individual) terán unha ponderación do 50%, solicitándose en cada unha delas unha
nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Este sistema de
avaliación será o mesmo para a primeira e segunda oportunidade, entendéndose
que o alumnado que alcanzase os requisitos de asistencia, ten dereito a ser
avaliado a través do traballo tutelado e a exposición oral nas dúas
oportunidades.
As dúas opcións
de avaliación son aplicables aos alumnos con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial, en función de se alcanzan ou non o 80% de asistencia ás sesións
presenciais.
Aqueles alumnos
con dispensa académica de exención de asistencia terán que avaliarse a través
do traballo tutelado e a proba individual, cunha ponderación do 50%,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para
aprobar a materia.