Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Subjects
  Projects of innovation and educational investigation(research) in physical education
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte da profesora, dos contidos da materia relacionados cos proxectos de innovación e a investigación. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Supervised projects Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse un proxecto innovador de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

A profesora especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Collaborative learning Traballarase na aula, a través de pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Directed discussion Promoveranse actividades de debate sobre diferentes aspectos do temario, nas que se contrastarán as idas e opinións de todo o alumnado e tratarase de buscar puntos de consenso.
Document analysis Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes