Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Subjects
  Projects of innovation and educational investigation(research) in training and employment guidance
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 5 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 5 puntos.
A presentación do cartafol a través dun artefacto dixital e a difusión das experiencias analizadas puntúan 10 puntos, 5 para cada unha.
20
Oral presentation A25 C1 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir dunha rúbrica, previamente consensuada co alumnado. Esta rúbrica vai ser utilizada, coas adaptacións correspondentes, ás presentacións noutras materias do módulo específico.


20
Student portfolio A26 A25 C1 C6 C7 O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 40 puntos e a grupal 20. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.

Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos

60
 
Assessment comments

ASISTENCIA ÁS AULAS 

  • A asistencia  ás aulas é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer   e entregar  as actividades realizadas na aula.   
  • O alumnado con  matrícula a tempo parcial e dispensa académica realizará as mesmas actividades e  asistirá as titorías  de seguimento e supervisión que se fixen consensuadamente. 
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR

A cualificación  final será  o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades que puntuan.  Para superar a materia é  indispensábel  realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35)  na actividade de análise de fontes documentais.  

INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia  de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 

 Plaxio

O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC :  “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes