Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Infantil |
Subjects |
Curriculum Design, Development and Assessment |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Curriculum Design, Development and Assessment | Code | 652G01002 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
First | Basic training | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Document analysis | A análises de fontes documentais implica a reflexión sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos. |
Guest lecture / keynote speech | Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Oral presentation | Os traballos tutelados presentaranse oralmente na aula, cando así se indique. As presentación orais contarán cunha parte de exposición, onde os integrantes do grupo explicarán o contido do traballo realizado, e cunha parte de defensa onde responderán ás cuestións que lles formule a docente ou o resto de compañeiros/as. |
Supervised projects | En torno aos diferentes temas proporase a realización como mínimo tres traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos. |
Workbook | O alumnado dispoñerá dun dosier de lecturas que será a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. A lectura do mesmo será de carácter obrigatorio, e recoméndase que os documentos se lean previamente ao tratamento de cada un dos temas na aula. |
Objective test | A proba obxectiva constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a corenta cuestións sobre o contido da materia, identificando a alternativa de resposta máis acertada entre tres opcións propostas. Para superar a proba será importante ser capaz de relacionar os contidos da materia facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia. |
|