Proba obxectiva |
A1 A4 A13 A20 A26 A28 B3 B6 B10 B11 B14 B15 B22 C7 C8 |
A proba obxectiva de carácter individual, estará composta por corenta preguntas sobre os sete temas que constitúen a materia. Cada pregunta presentará tres alternativas de resposta das cales haberá que elixir a correcta.
As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia, como aos contidos prácticos, esixindo un elevado nivel de relación entre eles.
superar a proba implica abordar a materia desde un punto de vista global, sabendo establecer as múltiples relacións que se poden establecer entre os contidos abordados nos sete núcleos temáticos que a conforman, e que contribúen a entender a complexidade da función do/a docente en Educación Infantil en termos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo. |
60 |
- O grao ten carácter presencial. O alumnado que por motivos comunicados á profesora ao inicio do
curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas
teña unha asistencia inferior ao 85%. ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen,
realizará un examen con carácter obrigatorio ao final do cuadrimestre
na data sinalada oficialmente. Este examen terá un valor do 80% do total
da nota final. - O criterio anterior é
aplicable ao alumnado repetidor que non cumpla co 85% de asistencia, así como ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita
dispensa. - Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
que houbera lugar en cada caso. - Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.
- O alumnado repetidor que teña esgotadas un mínimo de dúas convocatorias
de avaliación poderá solicitar á docente unha modalidade de exame
difernte á do grupo ordinario. A docente valorará persoalmente cada
situación e, de acordar realizar un exame diferente ao do resto do
grupo, este acordo deberá ser asinado tanto pola docente como polo
alumno ou alumna afectado, para que a proba poida ser realizada e
avaliada.
|