Supervised projects |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora en escenarios diferentes ao da aula. |
Document analysis |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, artigos etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Long answer / essay questions |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Utilízase para a avaliación sumativa. Permite medir as habilidades de síntese, de comparación, de redacción do alumnado, polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos teórico-prácticos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Student portfolio |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado de forma colaborativa nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todas as actividades prácticas relativas a cada tema. |