O alumnado:
-situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda; e por outra banda, tratará o peche cultural que supón o racismo, o etnocentrismo, a dominación lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. |
A1 A13
|
B3 B17 B20
|
C6 C8
|
-familiarizarase coas diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural e cos aspectos destes campos de investigación máis relevantes para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. |
A8 A28
|
B11
|
|
- apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados coa empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, e a participación igualitaria e democrática na vida pública do centro. |
A14 A21 A32
|
|
C4
|
- iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. |
A5 A9
|
B5
|
|