Primeira oportunidade
(maio/xuño)Alumnado que acude ao 80% das sesións interactivasA
cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes
apartados:- Sesións
interactivas (actividades
prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é
obrigatoria e non son recuperables.
A cualificación deste apartado está condicionada á asistencia e
participación do alumno nas sesións programadas e á calidade nas entregas requeridas polo docente en cada sesión.
- Traballos
tutelados. Realizaranse,
obrigatoriamente, dúas
actividades academicamente
dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Deberá entregarse un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación. As súas
características e datas de entrega (non se terán en conta aqueles traballos entregados fóra do prazo) serán comunicadas polo profesorado o primeiro día de clase. A
cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
cada traballo. - Proba
individual global de avaliación
dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as
interactivas. Realizarase na data establecida no calendario
oficial da Facultade.
Para obter
unha cualificación de aprobado é imprescindible obter unha media de polo menos 5 sobre 10
tanto nos traballos tutelados como na proba individual global.
A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos
apartados. O alumno que non acade o aprobado nalgunha das partes (traballos tutelados e/ou examen), a súa calificación da materia corresponderá a parte suspensa.
NOTA: A cualificación de sesións interactivas e traballos
tutelados só se garda durante un curso académico. Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas como o
que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica
que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012): Deberá poñelo en coñecemento do profesor/a aprimeira semana de clase.
Avaliarase mediante a realización dun traballo (30% da cualificación final) e unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte.
Ao alumnado que non acude regularmente as sesións interactivas e realiza os dous traballos tutelados en grupo mais non acada o 80% de asistencia, teráselle en conta a cualificación obtida nos traballos (30% da cualificación final) e terá que realizar unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. NOTA: A cualificación dos traballos tutelados só se gardará durante un curso académico
Segunda oportunidade (xullo)A avaliación farase do mesmo modo que na oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (traballos tutelados e/ou proba individual).
No caso dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas sesións interactivas, traballos tutelados e proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 nos traballos tutelados e na proba individual e ter asistido como mínimo ao 80% das sesións interactivas. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.
No caso do alumnado non asistente ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.
|