Análise de fontes documentais |
Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles sós partindo dalgunha indicación. Teranos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan. |
Sesión maxistral |
Na que a profesora explicará diferentes contidos teóricos do programa. |
Traballos tutelados |
Haberá unha serie de traballos de diferente nivel de esixencia, que realizarán ao longo do curso baixo a tutela da profesora |
Mapa conceptual |
Realizarase un mapa conceptual da asignatura que permita ao estudante realizar unha síntese da mesma e visualizar, de maneira global, todos os contidos e a súa conceptualización |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Desenrolarase un proxecto de investigación para que o alumnado se familiarice con este tipo de metodoloxía de traballo co que iniciaránse na investigación, algo que terán que empregar no seu futuro profesional e, de maneira máis inmediata, ao enfrentarse ao Traballo Fin de Grao. |
Simulación |
Tenrán que deseñar unha actividade de tutoría e representala na aula, simulando unha situación o máis real posible. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación. |