Saídas de campo |
B12 B13 B14 |
O 30% correspóndese con itinerarios pedagóxicos (exame de contidos, preparación, realización in situ, presentación e memoria final)
Puntuarase a asistencia, participación activa e traballo anterior e posterior ás Saídas ao Medio. |
30 |
Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións expositivas e a asistencia e a participación activa nas sesións de docencia interactiva. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en grupo. Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as
que non concorran á "proba mixta". Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: probas mixta e a suma das demáis partes, sendo necesario asistir ao 80% das clases. O alumnado a tempo parcial poderá optar entre facer a proba mixta, cun valor do 60%, e outra proba sobre as interactivas, cun valor do 40% (e superar ambas); ou unha proba escrita (60%) e un traballo tutelado (40%), previo acordo co profesorado (e aprobar ambas partes).
|