Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Physical Expression and Curriculum Adaptations
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se realizarán ao inicio da materia a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado en relación á Expresión Corporal, coñecer cales son as súas experiencias previas coa mesma e así poder partir dun punto que permita favorecer a aprendizaxe significativa.
Short answer questions Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso.
Document analysis Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.
Collaborative learning Realizaranse actividades en pequenos grupos nas que o alumnado terá que cooperar para solucionar as diferentes tarefas propostas. Estas tarefas estarán guiadas pola profesora de maneira presencial na aula.
Mixed objective/subjective test Proba individual que se realizará a final de curso e que integrará preguntas obxectivas (tipo test, verdadeiro-falso, de desenvolvemento breve, etc.) nas que o alumnado demostrará a asimilación dos contidos da materia.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte da profesora, dos contidos da materia de Expresión Corporal e adaptacións curriculares. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Supervised projects Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

A profesora especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Physical exercise Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que os alumnos poidan impartilas (función docente), experimentalas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes