Mixed objective/subjective test |
A57 B2 B21 B22 B23 B24 B25 C3 |
Realizarase no mes de Xuño, na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. Será de caracter teórico, podendo conter preguntas tema e/ou tipo test.
|
70 |
Supervised projects |
B4 B9 B14 B15 C8 |
Para avaliar estes traballos, é necesario que cumpra os aspectos formais indicados nun documento que se colga na versión virtual da materia. En xeral valorarase: - A coherencia dos argumentos da introdución do mesmo. - Que o traballo se axuste aos contidos expostos en cada parte do mesmo. - A validez dos argumentos para as idades de referencia. - O modo de exposición escrita dos contidos e os seus argumentos. - As fontes e recursos bibliográficos consultados. Poderán ser avaliados outros aspectos comentados polo profesor na aula. A nota do traballo pode diferir dun alumno a outro, en función do grao de participación e implicación de cada un no mesmo.
|
30 |
1.Apartado teórico 70% 2.Apartado práctico 30% (traballo tutelado). O docente poderá valorar positivamente a actitude do alumnado, a súa implicación, curiosidade, participación e achega para o bo desenvolvemento das clases. A nota final será a media das cualificacións obtidas, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia".
Aqueles alumnos/ as con dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados a través dunha proba individual final, do mesmo xeito que aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das sesións presenciais.
|