Descrición xeral |
O curso de Psicoloxía social ten unha importancia evidente de cara a que o alumno desenvolva habilidades importantes do seu proceso de formación. O seu valor é moi significativo para o futuro educador social, a fin de comprender e actuar sobre o proceso de aprendizaxe, é dicir, concentrándose no sentido dunha Psicoloxía Social da Educación, e en particular da Educación Social.
É por iso que, dentro dos chamados procesos psicosociais básicos, se faga gran énfase na chamada Psicoloxía Social Cognitiva, dado o seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina e as relacións cos campos descritos.
Resumidamente, polo tanto, preténdense acadar os seguintes obxectivos:
- Coñecementos básicos de Psicoloxía Social.
- Desenvolvemento de estratexias de busca e valoración de materiais psicosociales que en cada caso sexan do futuro interese do alumnado.
- Socialización do alumnado na terminoloxía, forma de conceptualizar a realidade, e metodoloxía da Psicoloxía Social. |