Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Social |
Subjects |
History of Education |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | History of Education | Code | 652G03011 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Basic training | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Collaborative learning | A20 A8 A20 B16 B6 C3 | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. No caso da materia de Historia da Educación, os traballos en pequeno grupo, ou de aprendizaxe colaborativa,son avaliados cunha carga do 10% sobre o total da avaliación da materia. |
20 |
Long answer / essay questions | B3 B4 B7 B10 B12 B22 C1 C2 C8 | Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. No caso da materia de Historia da Educación, a proba de ensaio, baseada nos contidos básicos da materia, prepárase a partir dos traballos realizados en pequeno grupo (traballo colaborativo); dos apuntamentos tomados durante as sesións expositivas de xeito individual; tratando de integrar lecturas, debates, reflexións e documentos traballados durante as diferentes sesións de clase. A oroba de ensaio ten unha carga do 20% sobre o total da avaliación da materia. |
20 |
Critical bibliographical | B1 B4 B9 B10 B12 B1 B2 C1 C2 | A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. No caso da materia de Historia da Educación tense en conta o grao de elaboración, os aspectos que se abordan especialmente no apartado crítico (comentario critico e conclusións) así como a capacidade para relacionar con aspectos dos contidos da materia e a súa experiencia persoal. Cmo traballo de elaboración individual, ten unha carga de 10% sobre o total de avaliación da materia. |
10 |
Supervised projects | A20 A2 A3 A5 A6 A14 A16 B2 B5 B10 B12 B5 C1 C7 C8 C1 C4 C7 C8 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. O traballo de iniciación á investigación histórico-educativa ten un recorrido de elaboración que abrangue todo o cuatrimestre e engloba diferentes accións: lectura, revisión e consulta bibliográfica; traballo de campo; elaboración de cuestionarios; realización de entrevistas; selección de información a partir de gravacións de audio; selección de información sobre arqueoloxía escolar, fotografía familiar ou memoria histórica segundo o caso... e elaboración dun documento final que recolle o correspondente informe de investigación, é un proceso de elaboración complexo e laborioso, pero tamén estimulante e enriquecedor. E precisa de atención continuada durante todo o proceso. De aí a necesidade dunha tutela sistemática e continua. A súa carga é do 50% sobre o total da avaliación da materia. É imprescindible superar este traballo para poder aprobar a materia. |
50 |
Assessment comments | |||
-Os contidos da materia e todas as actividades a desenvolver no marco do programa da materia realizaranse na lingua galega; e tratándose dun contexto de aprendizaxe como é o da Historia da educación, terase en conta a boa disposición do alumnado á hora de empregar este idioma, co debido respecto e atención, no desenvolvemento das diferentes actividades de clase, ben sexa de xeito oral ou escrito. - A puntualidade, a regularidade da asistencia ás - Aqueles alumnos ou alumnas que - O alumnado regularmente asistente será Traballo individual de Recensión bibliografica (10%). O alumnado realizará de xeito individual unha reseña bibliografica sobre un dos libros propostos ao comezo de curso, que deberá entregar, en tempo e forma, seguindo as indicacións do profesor para a súa elaboración. Proba escrita tradicional (Proba de ensaio) (20%). Que se desenvolverá sobre os contidos da materia na data sinalada oficialmente. Traballos Aspectos actitudinais (10%). Considérase importante a atención do alumnado aos seguintes aspectos: regularidade na asistencia, puntualidade no comezo das sesións de clase, Ter superado o traballo -Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado a totalidade dos -O alumnado que teña recoñecida dedicación ao estudo a tempo parcial deberá informar debidamente ao profesor a efectos de poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia co obxecto de poder cumprir os criterios de avaliación aos que se someta o resto do alumnado para poder garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación da materia. - O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación.- |
|