Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Orientación ocupacional |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación ocupacional | Código | 652G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de experiencias de inserción laboral. Na análise das fontes documentais hai unha parte de traballo individual, que se realiza fóra da aula, e unha parte de análise a nivel grupal que se realiza nas aulas interactivas. As fontes analizadas van ser utilizadas, principalmente, na elaboración da fundamentación teórica da actividade de simulación. |
Presentación oral | Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación |
Proba mixta | Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de catro preguntas, tres sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación. Nas preguntas de tipo teórico solicítanse respostas de análise e relación das temáticas abordadas. |
Simulación | Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. Nesta "metdoloxía" aplícanse os principios da aprendizaxe basada en proxectos que promove unha aprendizaxe significiativa, funcional, autónoma e colaborativa. O produto é o deseño dun proxecto de inserción social e laboral no que se integran as aportacións das dúas materias. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas). |
Prácticas a través de TIC | Trátase da construción de un ou varios artefactos dixitais. Un deles é un marcador social, no que han de almacenar, catetorizar e describir recursos dixitais de interese para o deeño do programa de acción socioeducativa e para a súa propia inserción profesional. |
Seminario | Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" A súa finalidade e triple: - Visibilizar referentes profesionais que teñen o galego como lingua de traballo. - Achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos. - Aportar información profesional (ámbitos, funcións, acceso, perfil competencial, condicións laborais...) |
Discusión dirixida | Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. ó final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa na cualificación como actividade optativa. |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa é outra das metodoloxías que se combina co ABP, que é o eixo metodolóxico da materia. |
Sesión maxistral | O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP. |
|