Descrición xeral |
A materia Avaliación e Diagnóstico das Necesidades Socioeducativas aborda os procesos de avaliación e diagnóstico desde a perspectiva da prevención e/ou detección das necesidades socioeducativas, como paso previo a calquera intervención socioeducativa.
Tendo en conta que unha das principais funcións do/a educador/a social é a posta en marcha de intervencións de carácter socioeducativo orientadas a garantir a plena participación da diversidade de individuos que compoñen á nosa sociedade, previamente precísase que este/a profesional dispoña dunha serie de referentes teóricos e metodolóxico-prácticos que lle permitan analizar a realidade social, estimar o xeito en que se desenvolverán as actuacións profesionais e tomar decisións orientadas á intervención.
Por isto, esta materia pretende ofrecer una base teórico-práctica do diagnóstico en diferentes contextos da actividade do/da profesional da Educación Social: familia, grupo de pares, barrio e comunidade, e empregando una ampla variedade de técnicas e instrumentos de recollida de datos. Trátase de dar relevancia á figura do/da educador/a social como realizador/a e interactuante no diagnóstico das necesidades socioeducativas, comprendendo caáles son as súas competencias para lograr una actuación adecuada neste eido. |