Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Enfermaría (C) |
Grao en Enfermaría |
Asignaturas |
Enfermaría materno-infantil |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría materno-infantil | Código | 661G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 | Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ó rematar o curso. A proba constará de preguntas curtas e tipo test, relacionadas coas competencias da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos. O exame, para calquera convocatoria, será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada tres mal, descontarase unha acertada. As preguntas tipo test suporán un 50% da proba e as preguntas curtas o outro 50%. Será preciso acadar un mínimo nambas partes para ter superado a proba, a saber: · 60% das respostas da parte tipo test (unha vez restadas as non acertadas) · 50% das respostas da parte de preguntas de resposta curta. |
60 |
Prácticas de laboratorio | A40 A41 A42 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B7 B9 B10 B13 B14 B15 | A asistencia as prácticas será obrigatoria no día e hora que corresponda. Levarase a cabo unha avaliación continua para valorar a participación activa, a aplicación de coñecementos teóricos, a demostración de habilidades na realización dos procedementos, o razoamento crítico e o interés pola aprendizaxe. O profesor se reserva o dereito de realizar unha proba curta e/ou esixir un traballo a aqueles/as alumnos/as que considere non alcanzan un mínimo de competencia nesta metodoloxía. |
10 |
Traballos tutelados | A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B9 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 | A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais, e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos: - O estudante exprésase e redacta con claridade, empregando léxico específico - Manexa as fontes de información sanitaria - Aplica os coñecementos teóricos - Segue unha orde lóxica no discurso - Relaciona conceptos/temas - Ausencia de faltas de ortografía e de sintaxe - Cita correctamente a bibliografía - É creativo/innovador na elaboración do traballo escrito, mantendo as normas establecidas Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar esta metodoloxía será de 5 puntos. |
30 |
Observacións avaliación | |||
Será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba mixta para a aplicación da porcentaxe na nota final.
Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación de cada unha das partes: Maternal e Infantil. Poderase realizar una avaliación parcial mediante unha proba escrita das mesmas características á descrita na avaliación. De selo caso, acordarase a data segundo o desenvolvemento do programa. Valorarase a presencialidade/asistencia e a participación activa (sesión maxistral, traballos de grupo, prácticas de laboratorio). Dada a obrigatoriedade da presentación dos traballos tutelados, non terán opción de superar a materia na primeira oportunidade os estudantes que non presenten tódolos traballos, na forma e data indicada. Avaliación 2º oportunidade Proba mixta: ésta computará un 70% Traballos tutelados: computarán o 30% e deberán ser entregados o día da realización da proba mixta. Adianto de oportunidade Proba mixta: ésta computará un 100%, incluíndo preguntas relativas ó desenvolvemento dos traballos tutelados. Estudantes con matrícula parcial Proba mixta: ésta computará un 70%. Traballos tutelados: computarán o 30% e deberán ser entregados o día acordado entre o profesor e o estudante ó longo do curso académico. |
|