A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para a realización das prácticas e traballos no taller, como para as clases teóricas e seminarios. Unha asistencia inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na materia, agás naqueles casos de alumnado que teña un recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
O alumnado que se presente á proba práctica (exame), que teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, pero que non supere a materia coas porcentaxes sinaladas, figurará en actas coa cualificación final obtida.
O alumnado que se presente á proba práctica (exame), pero que non teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, figurará en actas coa cualificación final de "NP".
As prácticas do obradoiro, os traballos tutelados e a proba práctica (exame) só terán validez para o curso actual (primeira e segunda oportunidade, respectivamente), e deberán repetirse nos seguintes cursos académicos.
Aplícanse os mesmos criterios de avaliación na primeira e na segunda oportunidade. Estes criterios son os mesmos para o alumnado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo como no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
Ao alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a primeira e segunda oportunidade.