A avaliación da materia consistirá nun exame práctico, un exame teórico, un traballo final ( portfolio, showreel…) e os exercicios prácticos realizados ao longo da materia. Cada proba supón un 25% da nota total.
As datas de entrega e a presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos.
O alumnado que se atope en situación de dispensa académica deberá realizar os exames práctico e teórico e entregar o traballo final nas datas establecidas. Recoméndase que os exercicios semanais váianse entregando semanalmente nas datas solicitadas; podendo tamén entregalos todos xuntos o mesmo día da entrega do traballo final.