Supervised projects |
A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 |
Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico. |
70 |
Asistencia ás clases co maior grado de participación posible. Utilización da bibliografía recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada se é necesario. A.-Exame: 30% da cualificación. B.-Traballos tutelados: 70% da cualificación. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. A puntuación do apartado B gardarase para a segunda convocatoria, pero en ningún caso para cursos posteriores. Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, tutorías e entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.
|