Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio teñen como obxectivo que o alumnado:
1. Describa a composición e o funcionamento dun taller ortopodolóxico e identifique os principais riscos de accidentes asociados ao seu uso
2. Manexe os equipos e o instrumental necesario para a obtención de moldes e tratamentos ortopodolóxicos, aplicando as normas de seguridade e prevención de riscos
3. Obteña os diferentes moldes parciais e totais da extremidade inferior, mediante as técnicas contrastadas de maior uso na actualidade
4. Identifique os diferentes materiais terapéuticos utilizados na obtención de ortesis plantares e dixitais
Para as prácticas de laboratorio o estudante debe de descargarse o guión e o temario teórico práctico correspondente á práctica, que estarán a disposición do alumno na facultade virtual (Moodle). |
Seminario |
Nos seminarios abordaranse de forma participativa, temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo, preferentemente, mediante a resolución de cuestións relacionadas cos temas impartidos. Traballaranse competencias específicas da materia e transversais como a procura de documentación, a discusión de resultados o fomento do inglés. |
Recensión bilbiográfica |
A recensión bibliográfica é unha actividade individual consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos relacionados cos contidos da materia; as bases da actividade poñeranse a disposición do alumnado ao comezo do curso académico na facultade virtual. |