Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase preferiblemente vía electrónica en formato dixital sen necesidade de imprimilos. No caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas. É recomendable ter coñecementos de inglés dado que en todas as metodoloxías da materia traballarase con vocabulario en inglés. Ademais valorarase o uso deste idioma na realización e exposición do traballo tutelado. Procedemento de matrícula de estudos en réxime parcial dos estudantes: Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos centros responsables da súa titulación a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase da materia ou de partes da mesma. Neste caso o alumnado será evaluado mediante unha proba teórico-práctica final (100% da avaliación) |