Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Podoloxía |
Asignaturas |
Pe de risco |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Pe de risco | Código | 750G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A25 B11 B12 | Para a puntuación deste apartado valorarase tanto o número de asistencias como a participación na aula e a entrega das actividades desenvolvidas e a valoración das mesmas a través da plataforma Moodle. | 10 |
Traballos tutelados | B18 | O alumnado organizado en grupos deberá elaborar un proxecto de prevención e educación de lesións en pacientes diabéticos, que será serán entregados a través da plataforma Moodle que será desenvolvido e exposto fronte a grupos de pacientes no horario da materia durante o mes de novembro-decembro. Na avaliación do proxecto terase en conta a calidade do mesmo, a aplicabilidade e a mellora da formación dos pacientes prevista. Así mesmo valorarase a calidade da exposición aínda que só exporán os 2-3 mellores traballos. Para o resto de grupos a porcentaxe da cualificación deste apartado correspondente á exposición (2%) avaliarase como actividade alternativa a asistencia aos actos conmemorativos do día mundial da Diabetes (14 novembro) ou as actividades do "Plan de Acción Green Campus Ferrol". |
5 |
Proba mixta | A25 A28 A44 | Proba teórica, o día marcado no calendario académico para exame, que representará o 60% da nota final da materia. Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual (plataforma Moodle) da materia. O exame teórico constará dun exame final tipo test de 30 preguntas test e 5 preguntas de desenvolvemento. Para superar a proba teórica con cualificación de aprobado será necesario superar o 50% das preguntas do exame tipo test, 3 das preguntas de desenvolvemento. Na parte do test cada 3 preguntas incorrectamente respondidas descontarán unha resposta correcta. INSTRUCIÓNS DO EXAME: - Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos colgadores e mesas do fondo da clase. - Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles. - Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, o cartón identificativo do estudante (DNI ou cartón UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables. - A copia e o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a calificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades). - Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula. |
60 |
Sesión maxistral | A28 A44 | Valorarase a asistencia e a participación activa ás clases e actividades na aula. | 5 |
Prácticas de laboratorio | B19 | Será obrigatoria a asistencia á totalidade das mesmas, superar a valoración final das mesmas e a entrega dunha memoria de prácticas antes do 12 de decembro a través da plataforma Moodle. Puntuarase tanto a asistencia e o desenvolvemento da práctica, a avaliación final das mesmas e a memoria das prácticas (describindo os procesos realizados, con fotografías desde todas as perspectivas de todos os tratamentos elaborados durante as prácticas, cunha análise crítica das mesmas e realizando unha valoración persoal das prácticas). |
10 |
Traballos tutelados | C3 C4 C5 | O alumnado organizado en grupos deberá elaborar un traballo sobre a creación e funcionamento dunha unidade de pé diabético. Os traballos serán entregados a través da plataforma Moodle. Valorarase tanto a calidade do mesmo, a xustificación bibliográfica das afirmacións expostas, a aplicabilidade, a concreción nunha localidade e centro real e a innovación do mesmo sendo moi relevante o desenvolvemento de todos os apartados do mesmo, moi especialmente a xustificación, os obxectivos, a organigrama, estrutura ou formulación do proxecto así como os protocolos e follas clínicas da unidade. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Para a modalidade ordinaria de avaliación: o 60% da avaliación de materia depende por tanto da proba obxectiva que neste caso será unha proba mixta. Por outra banda, o 15% da cualificación depende así mesmo dos traballos tutelados (un de 10% outro un 5%. Finalmente, o 25% da cualificación da materia dependerá da aprendizaxe colaborativo entendendo como tal as sesións maxistrais (5%), os seminarios (10%) e as prácticas de laboratorio (10%). Para superar a materia é necesario ademais de alcanzar 5 sobre 10 no total da materia, Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, talleres, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio. Para alumnado con matrícula parcial: poderán Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia. A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame nin a ningunha das prácticas. As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña mais dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nos seminarios-talleres e prácticas fose significativa.
A fin de establecerun proceso de mellora contínua da materia e facilitar a participación de todosos alumnos/as, polo envío dun arquivo co nomeApelido1_Apelido2_Nome-VALORACION.doc se poderán sumar ata 0,4 puntos ápuntuación da materia, a condición de que a suma destes puntos non supoña oaprobado da mesma. Esta puntuación virá determinada por:
|
|