Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Practicum 3
   Methodologies
Methodologies Description
Clinical practice placement As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podología e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescripción, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimiento das afecciones tratadas e a súa evolución.
Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obligatoria e non pode ser substituída por ningunha outra actividade.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das causas recolleitas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC debidamente acreditada (con justificante con data do día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia na administración da CUP).
Terase dereito a non recuperar as prácticas ata un máximo de 3 ausencias xustificadas a prácticas.
Cada ausencia xustificada adicional será penalizada con -0,25 puntos na avaliación continua do servizo no que se ausente.
Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas injustificadas supoñerá o suspenso da materia.
Calquer suposto que se presente no límite da presente norma será revisado polo coordinador da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación.
Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 7 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 30 días de antelación ao coordinador da materia.
Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 2 ausencias a prácticas son:
- Congreso Nacional de Podoloxía
- Xornadas Galegas de Podoloxía
- Congresos Internacionais de Podoloxía
- Congreso de Estudantes de Podoloxía
Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas. Non existe a posibilidade de cambiar prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a deberá asinar á súa entrada na CUP.
A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica.
Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 7 días desde a ausencia.
A puntualidad na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera atraso.
As faltas de puntualidad serán penalizadas podendo chegar a supoñer o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica que á súa vez será quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisiones.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pijama e calzado sanitario branco, limpo así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP en todo momento (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vigente e o Código Deontológico de Podoloxía moi especialmente no que ao segredo profesional refírese.
O incumprimento da normativa de Clínica Podolóxica, normativa da UDC e/ou Ley Orgánica de Protección de Datos de carácter Personal supondrá el suspenso de la materia.
suporá o suspenso da materia.
Student portfolio Este apartado consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc.), e a realización de seminarios e sesións clínicas para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.
Para iso todo o alumnado matriculado deberá elaborar e entregar a través da plataforma Moodle en formato PDF nomeando ao arquivo con Apelido1_Apelido2_Nomee_TAREFA.PDF as seguintes tarefas:
I.- Entregar 1 caso clínico real de pacientes vistos polo alumno/a en cuestión durante o cuadrimestre en que curse a materia.
O caso clínico poderá estar redactado en galego, castelán ou inglés
Contará cunha extensión de entre 10 e 15 páxinas, sen contar o índice, iconografía, a bibliografía e os anexos que inclúa.
A fonte e o tamaño de letra serán uniformes en todo o texto (Arial de 12 puntos) e o interlineado utilizado será de 1,5 liñas, con posibilidade de adaptación nas táboas que figuren no traballo
As marxes da páxina axustaranse ás seguintes dimensións: superior e inferior de 2 cm, lateral esquerda de 2 cm e lateral dereita de 2 cm
O texto debe estar paginado, cos números de páxina centrados na marxe superior
No pé de páxina consignarase o título do traballo, o título abreviado do traballo ou, de ser o caso, o nome completo do/a alumno/a.

ESTRUTURA DO CASO CLÍNICO:
Introdución: Presentarase o problema xeral ou a temática principal a que se circunscribe o caso. Co apoio das referencias bibliográficas abordarase o estado actual da cuestión. Xustificarase o caso clínico.
Presentación do caso: Descrición cronolóxica da situación clínica.
Valoración: Recollerase información clínica obxectiva e subxectiva da persoa para chegar a xuízos correctos e exactos que guíen a intervención profesional.
Plan de actuación: debe incluír: fase diagnóstica; fase de planificación; fase de execución e fase de avaliación.
Discusión: Destacaranse os resultados máis relevantes do caso, en particular o grao de resolución, e estableceranse comparacións cos resultados da literatura científica en casos similares.
Sinalaranse as limitacións ou dificultades para pór en práctica o plan de actuación. Sinalaranse as implicacións para a práctica en forma de recomendacións clínicas.



Objective test Realizarase unha proba final teórica e outra proba final práctica con paciente real
Nesta proba obxectiva avaliarase calquera das competencias a adquirir nos 3 Practicums.
Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP.
O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodológicos.
Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. En caso de suspender o exame dun Servizo non se fai media coa cualificación obtida no exame do outro servizo.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodología e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodología (20%)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes