General description |
Proxecto ou Traballo de Fin de Grao consta de 6 ECTS que se realizará no 2º cuadrimestre de 4º curso.
Por tanto, os estudos de Grao de Podoloxía concluirán coa elaboración e defensa do Proxecto ou Traballo de Fin de Grao que estará orientado á avaliación das competencias asociadas ó título, tal como prevé o RD 1393/2007 e a Orde CIN/728/2009 polos que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión Podólogo.
Materia transversal cuxo traballo se realizará asociado a distintas materias, co obxectivo de integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
A UDC e a memoria del Título de Grao en Podoloxía establecen que os estudantes poden matricularse no TFG unha vez exista constancia fidedigna de que superou un total de 180 ECTS, incluídos todos os da primeira metade del plan de estudos. |