Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Podoloxía |
Asignaturas |
Microbioloxía e parasitoloxía |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Microbioloxía e parasitoloxía | Código | 750G02107 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 | As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. Para poder facer a suma debe obterse en cada parte polo menos 15% da calificación total da proba. Para poder aprobar a materia a nota da proba debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. | 65 |
Sesión maxistral | A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 | A asistencia ás sesións maxistrais cualificarase con 0; 0,5 ou 1 punto en función de que se obteña a presenza na maior parte dos controis periódicos que se realicen ao longo do curso. Entre o 70 e o 100% da asistencia = 1 pt Entre o 50 e o 70% da asistencia = 0,5 pt Menos do 50% = 0 pt |
10 |
Traballos tutelados | A73 B23 B39 C9 C11 C12 C14 | A presentación do traballo tutelado é obrigatoria en Primeira Oportunidade. Na cualificación do traballo considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada. Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC. |
15 |
Saídas de campo | A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 | A asistencia a esta actividade e a entrega da memoria resumen da saída valórase con 0,5 puntos. Se non poidese realizarse a saída, as prácticas de laboratorio cualificaríanse como o 10% da nota final. | 5 |
Prácticas de laboratorio | A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 | Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. A realización de todas as sesións prácticas e a presentación do caderno correspondente é obrigatoria e contribuirá sumando 0,5 puntos. | 5 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (xuño). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregase en prazo as actividades académicas deseñadas para o curso) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial pode acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA). O alumnado con matrícula a tempo parcial que teña concedida dispensa académica de asistencia a clase pode acollerse tamén ao Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade): Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula a tempo parcial): Avaliación ITINERARIO TEMPO PARCIAL DISPENSA (aplicable en Primeira, Segunda oportunidade e adiantada): A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula, coa excepción de que se conservará durante dous cursos académicos a porcentaxe da nota final obtida pola avaliación das Prácticas de laboratorio e Saída de campo |
|