Proba obxectiva |
A33 B1 |
A proba obxectiva que deberá facer o alumno para avaliar o seu nivel de aprendizaxe poderá realizarse de diversas formas, podendo se así se considera necesario, combinarse distintos tipos de preguntas: preguntas de test, preguntas de resposta múltiple de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén de consideralo oportuno poderá construíirse cun só tipo dalgunha das formas anteditas. |
70 |
Portafolios do alumno |
C7 C8 |
portafolios ou carpeta- para os efectos desta materia- inclúe todos os documentos ou arquivos que deban ser entregados polo alumno para a súa puntuación como "traballos" ou "prácticas" xa consistan en traballos de investigación, análise de casos, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc. |
30 |
1)A proba obxectiva será un exame oral ou escrito, en cualquera das súas modalidades (test, desenvolvemente, teórico-práctico ou unha combinación destos), constando de dous partes diferentes e puntuadas sobre 5 puntos cada unha: unha adicada a Dereito Societario; e outra, a Dereito Cooperativo.
E, para superar a asignatura, será necesario superar o 5 na suma das dúas partes das que se compón.
2)A proba obxectiva representa o 70% da valoración da materia e as clases prácticas e o resto de metodoloxías o 30% restante.
3) Nas convocatorias extraordinarias, a evaluación realizarase exclusivamente en base ás respostas dadas ás preguntas plantexadas nas correspondentes probas objectivas.
4) Recórdase ós alumnos que a asistencia a clase é preceptiva, de modo que isto permite a posibilidade de vincular a valoración das prácticas a entregar á asistencia participativa na clase correspondente.
5) A entrega das prácticas, documentos ou arquivos elaborados polos alumnos (e que integrarán os seus portafolios individuais) farase exclusivamente a través de Moodle e nos prazos fixados para cada unha delas.
6) Proba de conxunto: Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos relacionados no programa (alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia). Esta proba estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas
|