Lecturas |
Os temas abordados nas sesións expositivas serán complementados cuns textos de lectura obrigatoria para os e as estudiantes. |
Análise de fontes documentais |
As fontes de información son básicamente documentais, tipo informes, estatísticas, artigos, bibliografía, etc. Resulta necesario o seu manexo para coñecer o ámbito de estudo, así como para construir o marco teórico do traballo a realizar |
Aprendizaxe colaborativa |
A metodoloxía docente sobre a que se basa a materia pretende desenvolver a aprendizaxe colaborativa, xa que se evidencia -a través do que se coñece como intelixencia social-como mellor que o autónomo |
Obradoiro |
A materia, os seus contidos e a súa aplicación práctica artéllase mediante un obradoiro, de maneira que a aula sexa un lugar de traballo, tratando así de experimentar e acostumbrar ao alumnado á mecánica e xeito de facer na vida laboral, tanto en canto a presencia, horarios, reparto de tarefas, cronogramas, responsabilidade, resultado final, etc. |
Traballos tutelados |
Ben sexa indivual ou colectivamente, o traballo final exisido na materia debe ir cumprindo unha serie de etapas e contidos. Todo elo conleva a necesaria titorización de dito traballo, tanto para resolver calquer tipo de dúbida como para ter unha supervisión axeitada do mesmo. |
Presentación oral |
Outra faceta a desenvolver dentro da planificación da materia é que o alumnado se acostume a falar en público e, máis concretamente, a presentar os informes técnicos resultantes do seu traballo. |