Materia obrigatoria centrada nos cultivos celulares animais e vexetais, así como nos fundamentos e aplicacións de técnicas de microscopía, análise de imaxe, citometría de fluxo e análise de cromosomas.
Pendente de incluir polos servicios de GADU, a profesora do INIBIC Dra. Dna. María José López Armada (MA.Jose.Lopez.Armada@sergas.es).
Plan de continxencia
No caso de que as circunstancias limiten ou impidan o acceso ás instalacións da Facultade, adoptaríase, respectivamente, unha modalidade de docencia híbrida ou non presencial coas seguintes especificacións.
1. Modificacións nos contidos.
En ningún caso se prevén cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
* Metodoloxías de ensino que se manteñen
Manterase as metodoloxías descritas en ámbalas modalidades.
* Metodoloxías de ensino que cambian
Se é necesario, utilizaranse medios de comunicación síncronos (MSTeams, ..) naquelas actividades de ensino que impliquen asistencia presencial na aula.
As sesións prácticas no laboratorio adaptaranse ás circunstancias; se é necesario, serán parcialmente (modalidade híbrida) ou totalmente (modalidade presencial) substituídos por actividades non presenciales (visualización de video, estudos de casos, análise e interpretación de datos, ...)
3. Mecanismos de atención personalizada aos estudantes.
A atención personalizada limitarase a medios telemáticos (correo electrónico, Moodle, MSTeams, ...)
4. Modificacións na avaliación.
Manteranse os criterios e metodoloxías de avaliación en ambas as modalidades.
* Observacións de avaliación:
As probas de avaliación realizaranse de xeito electrónico en ámbalas dúas modalidades
5. Modificacións da bibliografía ou webografía.
De se precisaren, facilitaranse fontes complementarias ou medios de acceso libre.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías