Esta asignatura complementa os contidos adquiridos na Fisioloxía Vexetal I e II, dende un punto de vista aplicado. Abordaranse en diferentes temas, procesos agrarios, experimentai e industriais, onde os conceptos teóricos da Fisioloxía Vexetal poñense en práctica.
Plan de continxencia
1.Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pois son básicos para a formación dun Graduado en Bioloxía
2. Metodoloxías
Ao tratarse dunha materia do primeiro cuadrimestre pódense dar dúas situacións:
A- Docencia híbrida, si o acceso á Facultade estivera restrinxido en horario ou aforo. Nese caso habería una combinación de docencia presencial e on-line. Este é o método previsto na Facultade para o primeiro cuadrimestre.
B- Non presencial, si o acceso á Facultade estivera totalmente prohibido nese cuatrimestre. Nese caso a docencia sería totalmente non presencial
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican.
No caso A as clases maxistrais impartiríanse de xeito presencial rotatorio (aforo presencial limitado) e ao tempo a clase retransmitiríase on-line con Teams. No caso das prácticas, se o aforo máximo do laboratorio non permite a presencialidade total, parte das prácticas se impartirían on-line con materiais ad hoc xerados polos profesores. No caso A os Grupos reducidos serían presenciais. No caso B, clases maxistrais, prácticas e grupos reducidos desenvolveríanse totalmente on-line.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, titorías por Teams e foros en Moodle, con atención diaria no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams.
4. Modificacións na avaliación
No caso A, presencial. No caso B avaliación on-line (Moodle e outras ferramentas institucionais).
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
En ambos casos se fose posible libros alternativos e/ou adicionais en formato electrónico aos que se puidera ter acceso dende o inicio dese cuatrimestre (condicionado a que se publiquen en aberto nos vindeiros meses ou haxa suscripción institucional), e en calquera caso materiais adicionais ad hoc xerados polos profesores.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías