Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Historia Económica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia non esixe requisitos previos. Porén, considéranse recomendábeis algúns prerrequisitos e coñecementos previos:

- Coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet).
- Coñecementos de Historia Universal.
- Coñecementos de Historia de España.
- Familiaridade con conceptos básicos de Economía.

Durante o desenvolvemento das clases promoverase a participación dos alumnos a través de exercicios e preguntas que permitan comprobar a asimilación de coñecementos e o manexo dos conceptos utilizados.

Farase, na medida do posible, un uso sostible dos recursos, tratando de minimizar os impactos negativos sobre o medio natural.

A materia persegue suliñar a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, tratando de influir na contorna, co obxectivo de modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes