Os coñecementos teóricos e prácticos serán obxeto de avaliación por cada profesor con docencia no módulo mediante diversas probas obxetivas. As probas de coñecementos tanto teóricos como prácticos poderán revestir formas diversas - test, prácticas, traballos individuais ou colectivos, exposicións de trabajos, etc-, según decida o docente correspondente.
A calificación final corresponderase coa nota media resultante das calificacións que se alcancen en cada unha das/os materias /temas que conforman o módulo. O módulo conformase de 5 materias/ temas, pero as materias/temas Francés Xurídico Empresarial e Portugués Xurídico Empresarial son alternativas/os. O alumno ou a alumna debe elexir unha ou un das/os materias/temas e será avaliado/a soamente duhna ou dun delas/es.
Polo tanto, a calificación final corresponderase coa nota media resultante das calificaciones que se obteñan nas/os materias/temas: 1) Metodoloxía, 2) Informática Xurídico Empresarial, 3) Inglés Xurídico Empresarial e 4) Francés ou Portugués Xurídico Empresarial.
OBSERVACIÓNS AVALIACIÓN FRANCÉS:
1. A materia está planificada de xeito
estrictamente práctico. Na primeira oportunidade é preciso ter asistido á
sesión presencial de 3 horas e ter participado activamente en todas as
actividades propostas (búsqueda de documentación e información en
portais especializados; traballo con textos de especialidade para
resolver os potenciais problemas de comprensión coa aplicación das
ferramentas adecuadas...). A non asistencia á sesión presencial
implicará a cualificación "NP".
2. O alumnado que non supere a
materia na primeira oportunidade deberá realizar na segunda
oportunidade un traballo práctico equivalente ás actividades realizadas e
ás destrezas exercitadas durante a sesión presencial. A non realización
deste traballo implicará a cualificación "NP".