Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da persoa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito da persoa Código 612G01007
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Rovira Sueiro, Maria Esther
Correo electrónico
maria.rovira@udc.es
Profesorado
Díaz Teijeiro, Carlos María
Legeren Molina, Antonio
Pérez Dios, Carmen
Rovira Sueiro, Maria Esther
Correo electrónico
carlos.diaz.teijeiro@udc.es
antonio.legeren@udc.es
carmen.perez.dios@udc.es
maria.rovira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia pretendemos o estudo da persoa, a súa situación xurídica na sociedade. A capacidade, nacionalidade, dereitos da personalidade son materias fundamentais, pero non se trata dun coñecemento detallado e pormenorizado senón da adquisición de nocións básicas implicadas nos temas sinalados que colocarán ao alumno en situación de poder estudar aspectos máis concretos que son obxecto de estudo e avaliación en cursos posteriores.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizou ningún cambio no contido da materia: mantense integramente. O cronograma de clases presenciais será respectado: nos días de docencia expositiva desenvolverase o contido do programa a través da plataforma Microsoft Teams, o temario será subido a Moodle UDC para que poidan seguilas as explicacións e para atender ás necesidades dos alumnos que teñan problemas de conexión. Nos días de docencia interactiva igualmente respectaranse os horarios dos grupos reducidos e impartiranse as clases a través da plataforma Microsoft Teams. Os materiais serán facilitados a través de Moodle UDC. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Prácticas a través de TIC *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: toda a docencia levarase a cabo a través das plataformas Moodle UDC e Microsoft Teams.. * Estudo de casos: adaptarase á docencia online por medio de Teams * Simulación: adaptarase á docencia online por medio de Teams. * Proba de ensaio/desenvolvo: é o método de avaliación. Máis abaixo indícase en que consiste a modificación 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización Moodle y Teams Titorías: Desde o momento en que non se poida impartir a docencia presencial as titorías non se limitarán ás establecidas inicialmente, polo que non terán un día nin un horario en concreto e comprenderá todos os días e horas lectivas, realizaranse a través do correo electrónico e/ou mediante reunións en liña por Microsoft Teams dependendo do seu contido 4. Modificacións na avaliación QUENDA DE MAÑÁ E TARDE Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Prácticas 30% Estudo de casos e traballos tutelados que se se realicen durante o curso calquera que sexa a modalidade de impartición. Suprimirase o requisito da presencialidade para a avaliación continua desde o momento no que non se poida impartir a docencia presencial e para evitar prexuízos ao alumnado que teña problemas de conexión á plataforma Teams. Proba tipo test en moodle 70% Prepararase en Moodle UDC un exercicio de resposta múltiple por medio da ferramenta “cuestionario” para avaliar aos alumnos. SIMULTANEIDADE GRAO EN DEREITO E ADE Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Prácticas 30% Estudo de casos e traballos tutelados que se se realicen durante o curso calquera que sexa a modalidade de impartición. Suprimirase o requisito da presencialidade para a avaliación continua desde o momento no que non se poida impartir a docencia presencial para evitar prexuízos ao alumnado que teña problemas de conexión á plataforma Teams. Proba tipo test en Moodle UDC (20%) e exame oral en Teams (50%) total do valor das probas é de 70% Mantense a data orixinal do exame. *Observacións de avaliación: Respéctase a data e hora do calendario académico aprobado pola Xunta de Facultade do Centro. No caso da simultaneidade de estudos de grao en dereito e ADE esa data será a da proba tipo test e a do comezo do exame oral que se levará a cabo según o calendario que se fixe coas convocatorias das sesións. Se algún alumno ten problemas de conexión deberá comunicalo con suficiente antelación e proveranse as medidas que sexan oportunas para que se poida levar a cabo na modalidade previstas, só se isto non fose posible levará a cabo un exame oral a través do teléfono móbil 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía. Realizarase un esforzo similar ao levado a cabo durante o pasado estado de alarma para procurar aos alumnos materiais elaborados, links e outros documentos necesarios para que poidan levar a cabo os seus traballos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes