Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
Grao en Dereito |
Asignaturas |
Organización constitucional do Estado |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Organización constitucional do Estado | Código | 612G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | O primeiro día de clase, cada un dos profesores responsables dos diferentes grupos procederá a explicar aos seus alumnos/ as a estrutura da guía docente personalizada, así como as materias concretas obxecto de estudo, a distribución aproximada do cronograma e as fontes documentais máis útiles para seguir o curso académico. |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais constituirán a base teórica que facilite os coñecementos esenciais ao alumno sobre a materia |
Seminario | Os seminarios son sesións de traballo cun perfil teórico-práctico especializadas nun tema concreto. |
Estudo de casos | Estudo de casos prácticos, análises de textos xurídicos ou de xurisprudencia que os docentes expoñan aos alumnos/ as. Esta actividade poderá ser presencial ou non presencial. |
Análise de fontes documentais | Estudar ou comentar documentos xurídicos, documentos doctrinales ou xurisprudencia do Tribunal Constitucional, Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, etc... |
Discusión dirixida | Esta actividade será realizada de modo presencial e consistirá na posta en común de opinións sobre unha materia, ou ben, na resolución común de problemas actuais que estean directamente relacionados co obxecto de estudo |
Lecturas | Lecturas en sesións presenciais ou non presenciais |
Proba obxectiva | Exame final e, no seu caso, exame parcial (se así o establece o profesor encargado dese grupo). Durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre, o profesor responsable do grupo tamén poñerá de manifesto os mecanismos concretos de avaliación que serán empregados durante o cuadrimestre. |
Proba oral | Posibilidade de proba final ou parcial oral (establecerase por cada profesor) |
Traballos tutelados | Os profesores das diferentes materias integradas no Módulo poderán suxerir o desenvolvemento de traballos individuais ou por grupos sobre un tema concreto. Devanditos traballos poderán influír positivamente, no seu caso, na avaliación global do cuadrimestre. |
|