A asignatura de Dereito Eclesiástico do Estado ten os seguintes obxectivos:
1º) Un primeiro obxectivo oriéntase ao coñecemento dos principios xurídicos e normas do ordenamiento español que regulan as relacións entre a comunidade política e as diversas comunidades relixiosas, así como as consecuencias xurídicas de tal interacción.
2º) O estudo dos dereitos fundamentais que gardan unha relación coa liberdade relixiosa, como os dereitos relacionados co a educación, a liberdade de expresión, etc..
3º) A coexistencia do dereito matrimonial civil e relixioso permite a súa análise comparada, como exemplo de interrelación entre ordenamientos
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificación dos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Prácticas, traballos
*Metodoloxías docentes que se modifican
Clases expositivas: continuarán a través de Teams
As interactivas poderán ser substituídas por prácticas ou traballos non presenciais.
Suprímense os traballos en grupo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través de Teams cando o solicite o estudante
4. Modificacións na avaliación
O sesenta por cento do exame poderá ser substituido por un exame tipo test, por un traballo ou un examen oral, a decisión do profesor do grupo
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Só se esixirán contidos que podan prepararse con materiais dispoñibles online
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías