BREVE DESCRICIÓN DOS CONTIDOS DA MATERIA:
I.- O dereito de propiedade e os seus estatutos xurídicos
II.- O estatuto xurídico da propiedade inmobiliaria urbana.
III.- O estatuto xurídico da propiedade inmobiliaria rústica (propiedade do chan rústico, facultades do propietario e a súa cesión ou transmisión, unidades mínimas de cultivo, explotacións agrarias, etc.).
IV.- O Rexistro da Propiedade: Actos e negocios inscribibles (en particular os actos urbanísticos), valor da publicidade rexistral.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA:
- Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do “Dereito inmobiliario” e, en particular, dos estatutos xurídicos da propiedade urbana e rústica.
- O alumno debe adquirir as competencias e as destrezas suficientes para abordar e resolver con éxito calquera cuestión conflitiva que teña como obxecto o dereito de propiedade sobre bens inmobles.
- Coñecemento do significado, función e valor do Rexistro da Propiedade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais.
- Moodle: para informar de novas, facilitar materiais, entregar tarefas, desenvolver debates a través de foros e realizar probas.
- Teams: para as sesións maxistrais, en grande grupo, e para as sesións interactivas, en pequenos grupos, nas franxas horarias asignadas á materia, para o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais e grupais (previamente concertadas a través do correo electrónico).
4. Modificacións na avaliación
Empregarase Teams como ferramenta para a exame.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías