Estudo da literatura galega a través dos seus textos máis representativos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificacións substanciais nos contidos, aínda que serán adaptados ás circunstancias da docencia non presencial.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Actividades iniciais.
Lecturas. Para as lecturas de obras literarias será facilitado o acceso a formatos electrónicos.
Prácticas a través de TIC.
Traballos titorizados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Análise de fontes documentais. Os materiais serán colocados na plataforma Moodle e a súa análise será realizada segundo as indicacións facilitadas polo profesorado en Moodle e/ou nas sesións síncronas/asíncronas de Teams.
Sesión maxistral. Será adaptada ás condicións de docencia non presencial ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle, ben realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams.
Eventos científicos e/ou divulgativos. Será facilitada unha listaxe para a visualización de eventos a través da internet.
Proba mixta. Será substituída pola realización e entrega de cuestionarios a través de Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Foro específico en Moodle, videotitorización a demanda a través de Teams, atención por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación mantense, coa excepción da proba mixta que será substituída pola realización de cuestionarios que avaliarán os coñecementos xerais do alumnado e o manexo das fontes de información facilitadas polo profesorado.
*Observacións de avaliación:
Continúan vixentes as incluídas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados todos os materiais específicos precisos para o acompañamento da materia (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías