Estudo das relacións entre norma e usos da lingua galega, con especial atención á problemática sociolingüística.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán mudanzas nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías. Unicamente será modificada a modalidade de impartición nas metodoloxías que impliquen presencialidade, a cal será substituída pola modalidade de impartición telemática, realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams ou ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, Moodle e Teams.
4. Modificacións na avaliación
Manteranse todas as metodoloxías presentes na avaliación con normalidade presencial adaptada. No caso da avaliación da “Proba mixta”, esta realizarase telematicamente, podendo ofrecerse tanto de maneira síncrona como asíncrona, cuxas características e datas serán comunicadas ao alumnado a través de Moodle con suficiente antelación.
*Observacións de avaliación:
Non haberá modificacións.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán mudanzas. Se for necesario, o alumnado disporá de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías