Descrición xeral |
O obxectivo principal do curso é proporcionar os conceptos básicos para identificar e discutir a interrelación entre distintos fenómenos demográficos e a realidade social, económica e eventualmente de política pública (causas e consecuencias da caída da fecundidade, do envellecemento da poboación e dos procesos de migración, entre outros).
No cumprimento deste obxectivo, o contido do curso atenderá especialmente ás poboacións dos países desenvolvidos e singularmente á poboación española.
Son tamén metas deste curso o fomento do traballo persoal do alumno e a súa capacitación no manexo de instrumentos básicos na análise científica da realidade social, como as fontes estatísticas oficiais e o material bibliográfico.
Os estudantes deberán aprender a buscar nas fontes de datos aqueles que se refiren a realidades demográficas relevantes, así como a calcular e interpretar os indicadores básicos da análise demográfica (taxas e índices) e a producir e explicar táboas e gráficos que describan realidades demográficas relevantes.
|
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán modificacións nos contidos. O material estará a disposición do alumnado na Plataforma Moodle.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Se manteñen todas as metodoloxías.
Sesión maxistral: As sesións realizaranse no horario previsto. Se celebrarán de maneira síncrona a través da Videoconferencia de Teams, pero serán gravadas e subidas tamén ao Moodel, xunto co material (presentacións, lecturas, outro material audiovisual) correspondente a cada tema, de xeito que teñan acceso de forma asíncrona aqueles alumnos con problemas de conectividade.
A interacción co alumnado (participación e debate), manterase de maneira síncrona a través da videoconferencia ou chat de Teams e asíncrona habilitándose tamén Foros Virtuais de Moodle.
- Obradoiros e Prácticas a través de TICs: Realización de actividades prácticas Explicaranse a través de Teams de maneira síncrona nas sesión interactivas e no horario previsto, pero a explicación será gravada e subida a Moodle. A entrega de prácticas será a través dos recursos dispoñibles en Moodle.
- A proba obxectiva se realizará utilizando as ferramentas e recursos telemáticos dispoñibles para o alumnado.
- O material de lectura, estará a disposición do alumnado dixitalmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican: non se modificarán as metodoloxías, pero se adaptarán á non presencialidade de maneira virtual, e se incorporarán Foros Virtuais (que non computarán para avaliación)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Estableceranse diferentes canles de comunicación directa co alumnado, a través das ferramentas e recursos que teñen a súa disposición: Teams, Correo electrónico, Moodle ou
Teléfono (alumnado con limitacións de conectividade).
A atención desenvolverase no horario semanal de titorías establecido polos docentes, en titorías grupais a concretar co alumnado, nas sesións virtuais síncronas, nos foros virtuais de Moodle
4. Modificacións na avaliación: Non se realizarán modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Manteránse as mesmas observacións
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non haberá variacións no material nin na bibliografía. O esixido aos alumnos/as estará dispoñible na Moodle, en situación de presencialidade.
|