Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía do consumo e investigación de mercados
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Socioloxía do consumo e investigación de mercados Código 615G01309
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Golías Pérez, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.golias@udc.es
Profesorado
Álvarez Sousa, Antonio
Golías Pérez, Montserrat
Correo electrónico
antonio.alvarez@udc.es
montserrat.golias@udc.es
Web
Descrición xeral A análise do consumo coma un fenómeno social constitúe un campo de estudo en pleno auxe. O crecente interese sociolóxico por este tema vén condicionado pola propia dinámica da sociedade de consumo e do sistema económico. O/A consumidor/a vaise afianzando coma un actor social central, no marco do capitalismo global. O obxectivo desta materia é estudar a configuración da sociedade de consumo, no marco do desenrolo do sistema capitalista. E cómo, de forma paralela, se vai construíndo o consumo en tanto que obxecto de estudo sociolóxico. Tamén, que o alumnado coñeza os mecanismos polos cales se realiza unha investigación de mercados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán modificacións nos contidos. O material estará a disposición do alumnado na Plataforma Moodle. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral: As sesións maxistrais (exposición orais) realizaranse no horario previsto. Se celebrarán de maneira síncrona a través da Videoconferencia de Teams, pero serán gravadas e subidas tamén ao Moodel, xunto co material (presentacións, lecturas, outro material audiovisual) correspondente a cada tema, de xeito que teñan acceso de forma asíncrona aqueles alumnos con problemas de conectividade. A interacción co alumnado (participación e debate), manterase de maneira síncrona a través da videoconferencia ou chat de Teams e asíncrona habilitándose tamén Foros Virtuais de Moodle. - Traballos tutelados: Realización dun traballo en grupo, de carácter empírico relacionado coa temática da materia. As explicacións se farán de maneira síncrona a través de Teams e asíncrona subindo a explicación xunto co material correspondente na Moodle. As dúbidas resolveranse nas clases virtuais a través de Teams ( cuxa gravación tamén será subida a Moodle), e no Foro Virtual habilitado para esta metodoloxía concreta. Os alumnos/as tamén poderán solicitar titorías grupais que se levarán a cabo por Teams. - Exposición oral: A exposición oral do traballo será gravada por calquera medio a disposición do alumnado/a e remitida aos profesores. Que as colgarán na Moodle para que todo o alumnado poda visualizala. - Obradoiro: Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión dos profesores da materia. Explicaranse a través de Teams de maneira síncrona, pero a explicación será gravada e subida a Moodle. A entrega de prácticas será a través dos recursos dispoñibles en Moodle. - O exame se realizará utilizando as ferramentas e recursos telemáticos dispoñibles para o alumnado. *Metodoloxías docentes que se modifican: non se modificarán as metodoloxías, pero se adaptarán á non presencialidade de maneira virtual, e se incorporarán Foros Virtuais (que non computarán para avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Estableceranse diferentes canles de comunicación directa co alumnado, a través das ferramentas e recursos que teñen a súa disposición: Teams, Correo electrónico, Moodle ou Teléfono (alumnado con limitacións de conectividade). A atención desenvolverase no horario semanal de titorías establecido polos docentes, en titorías grupais a concretar co alumnado, nas sesións virtuais síncronas, nos foros virtuais de Moodle 4. Modificacións na avaliación: Non se realizarán modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Manteránse as mesmas observacións 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non haberá variacións no material nin na bibliografía. O esixido aos alumnos/as estará dispoñible na Moodle, en situación de presencialidade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes