. A cualificación final da asignatura consta da suma ponderada da parte práctica (análise de fontes documentais e presentacións orais) desenvolvida durante o curso e o exame teórico final.
. O exame teórico final (sobre os contidos das sesión maxistrais) constará dun conxunto de preguntas tipo test e/ou preguntas de desenvolvemento. Tanto na convocatoria de xuño como na de xullo a proba de avaliación (examen teórico final) será similar.
. A asistencia ás sesións teóricas (sesión maxistral) non será obrigatoria.
. Á parte práctica (análise de fontes documentais e presentación oral) é obrigatoria a asistencia (70% das mesmas). A cualificación desta parte práctica gardarase para as convocatorias seguintes (tanto para cada oportunidade como para cursos futuros). Só se evaluarán as prácticas dos alumnos/as que asistan as sesións expositivas realizadas polos mesmos.
. Os estudantes que non teñan a asistencia do 70%, podrán presentarse a un examen final teórico no que o aprobado será a nota de 8 sobre 10.
. Os alumnos/as con matrícula parcial deberán ter asistencia ao 50% das sesións.
. Os alumnos/as que teñan matrícula parcial poderán realizar a práctica en titorías personalizadas.
. O exame final realizarase en castelán, os estudantes que desexen facelo en galego deberán comunicalo ao profesor con 10 días de antelación á data do mesmo.