As materias relacionadas coa Manobra compoñen un bloque de coñecementos esenciais e exclusivos na formación dun Mariño Profesional. Pódese dicir que un Mariño formado e experimentado é a única persoa capaz de prever todos os inputs e outputs no deseño e desenvolvemento da Manobra dun buque.
Doutra banda, as consecuencias dunha mala decisión á hora de executar unha Manobra poden ser graves e mesmo catastróficas: varadas, colisións, allisions afundimentos, incendios e explosións. Un erro implicará como mínimo danos ao buque e as súas consecuencias económicas: custos, P&I, demoras, detencións, etc.
En todo o anterior radica a importancia da súa formación.
Integrada no Grao, esta materia “Manobra II” é a profundización dos coñecementos básicos adquiridos na materia de 2º curso “Manobra I”, e pretende dar ao alumno sólidas bases para as materias "Simulación Náutica" (4º curso) e “Manobra Avanzada” ( Master).
No desenvolvemento da materia teranse en conta:
STCW 1978, e as Emendas de Manila de 2010
IMO Model course 1.22 Ship Simulator and Bridge Teamwork.
IMO Model course 7.01 Master and Chief Mate
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se farán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Actividades iniciais
Sesión maxistral
Estudo de casos
Traballos tutelados
Proba práctica
Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se farán cambios.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams.
A titoría sincrónica está aberta en calquera momento, co límite da dispoñibilidade do profesor. Intentarase coordinar co alumno o tempo da titoría.
Email.
O profesor comprométese a responder o antes posible a todas as preguntas enviadas de xeito asíncrono.
4. Modificacións na avaliación
Non se farán cambios.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se farán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías