Consultar Regulamento na dirección web do Mestrado
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Mantéñense os contidos contemplados na guía coa salvedade de que naqueles traballos de investigación nos que se tivera previsto facer unha recollida de datos empíricos imposible de obter ou completar debido a esta situación, poderá realizarse un Proxecto de Deseño de Investigación.
Nos traballos que estaba prevista a implementación ou desenvolvemento de programas de intervención ou innovación poderán centrarse no Deseño dos mesmos.
Poderán realizarse tamén traballos académicos de profundización documental en temas de carácter psicopedagóxico.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense os traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
A tutela e seguimento e supervisión faise virtualmente empregando a plataforma Moodle ou Teams, correo electrónico, etc.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Cada titor/a establecerá co seu titorando a distribución das titorías virtuais.
Empregaranse as ferramentas dispoñibles: correo electrónico, Moodle e Microsoft Teams.
4. Modificacións na avaliación
Realizarase de modo virtual seguindo os criterios establecidos
*Observacións de avaliación:
Non se tomarán en consideración fallos que poidan ser debidos á incidencias tecnolóxicas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Adáptarase en cada traballo á accesibilidade posible na situación de confinamento
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías