Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Tecnoloxías Dixitais nos Centros Educativos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Tecnoloxías Dixitais nos Centros Educativos Código 652536010
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Correo electrónico
e.rodriguez.machado@udc.es
Profesorado
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Correo electrónico
e.rodriguez.machado@udc.es
Web http://http://www.udcinnova.com/
Descrición xeral Obxectivos da materia: · Recoñecer e comentar o papel e a influencia das tecnoloxías dixitais na sociedade actual e nos centros educativos. · Identificar os medios audiovisuais, informáticos e dixitais de uso máis frecuente na organización e dirección de centros. · Coñecer os principais programas de colaboración nacional e internacional no desenvolvemento das tecnoloxías dixitais. · Saber buscar, seleccionar, analizar e crear recursos dixitais para a mellora da organización do centro, a convivencia e a participación da comunidade escolar; a mellora da formación docente; e a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se manteñen. Sesión maxistral. – Discusión dirixida (computa na avaliación). – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación). – Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican. Proponse Actividades Interactivas para artellar un seguimento e asesoramento as aprendizaxes dos estudiantes. Empréganse as ferramentas de Moodle e Teams para implementar as diversas metodoloxías. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. 4. Modificacións na avaliación Estudio de casos: realizados a través de Moodle e presentados a través de Teams. 20% Análise de fontes documentais: Realizadas a través de Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30% Actividades interactivas: realizadas en Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30% Proba Mixta: Examen a través de Moodle. 20% *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: a. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. b. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). c. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. d. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. Para o curso 2020-2021, non hai modificacións nas probas de avaliación, excepto no referido á modalidade de avaliación: presencial ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que leve a cabo a docencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes