2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
1.5
Idioma
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia ten como obxectivo central a reflexión sobre a relevancia da diversidade lingüística e o papel que o sistema educativo xoga no seu mantemento, coñecer a realidade sociolingüística galega e analizar o papel dos centros de ensino como axentes de planificación lingüística. Por tanto, a través do seu estudo, esta materia pretende incorporar a cultura da planificación e da intervención como factores esenciais da educación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se consideran.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas.
Estudos de casos.
Discusións dirixidas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais celebraranse por Teams no horario marcado para as sesións desta materia.
A proba de ensaio tamén terá lugar nunha sesión de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Celebrarase unha sesión semanal de atendemento grupal de unha hora de duración.
As sesións de atendemento individualizado celebraranse polo medio combinado previamente co/a estudante.
4. Modificacións na avaliación
Non se consideran.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións. Toda a bibliografía básica está accesíbel no espazo de Moodle destinado á materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías