Aprendizaxe colaborativa |
A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 |
Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 |
A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
50 |
Presentación oral |
A14 A9 B8 C3 C1 C4 |
Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. |
20 |
Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación e
dedicación á materia, tanto na aula como fora da mesma. Aquel alumnado
que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes
na materia, terá que superar unha proba obxectiva (terá en conta o contexto xerado pola COVID-19, podendo ser a proba obxectiva -como calquera outra tarefa- ben na aula, presencialmente, ou a distancia telematicamente -a través de Teams, Moodle, Forms ou semellantes ferramentas empregadas pola UDC-).
|